Palabras con memoria: augas do país

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Zapurrar é sinónimo de salpicar. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Zapurrar é sinónimo de salpicar. (Foto: Nós Diario)

amarar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Estancarse a auga por calquera motivo facendo unha poza.
Exemplo.- “Aquí hai auga amarada.”
Lugar de escoita.- Razo, concello de Carballo, comarca de Bergantiños.
Fonte.- Xulián Pombo Rama. 

corgo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Aparello para o baleirado de pozos polo sistema de sifón.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

esbatoxar.- Salpicar, esbatuxar, salferir, zarrapicar.
Lugar de escoita.- San Antolín de Ibias (Asturias)
Fonte.- Mayi Colubi/Endl Navia de Suarna.

gacheiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Dise cando unha troita se escondía entre unhas raíces ou debaixo dunha pedra grande no río.
Exemplo.- “A troita meteuse no gacheiro.”
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada)
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

zapurrar.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Salpicar, botar auga.
Exemplo.- “Non me zapurres.”
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Comentarios