O BNG pide unha negociación bilateral Galiza-Estado sobre o financiamento

A formación considera que a "multilateralidade" xa lle custou 14.000 millóns de euros aos galegos e galegas. 
A deputada do BNG Noa Presas (Foto: Nós Diario).
photo_camera A deputada do BNG Noa Presas (Foto: Nós Diario).

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pide "ambición" na comisión do Parlamento galego sobre financiamento para que "a Galiza non quede atrás e teña un sistema xusto".

Nun comunicado, o Bloque insiste en requirir unha negociación bilateral Galiza-Estado fronte unha multilateralidade que propón a Xunta e que "fixo perder xa 14.000 millóns".

A responsable de Facenda e Función Pública, Noa Presas, valora que haxa consenso para reactivar esta comisión parlamentaria encargada de facer unha proposta de reforma do sistema de financiamento.

Porén a nacionalista empraza a que "se elaboren canto antes unhas conclusións que tiñan que aprobarse en 2022".

Censura que o PP tivese "dous anos e medio bloqueada" esta comisión, "máis pendentes de servir a Xénova que  aos galegos e galegas".

"Canto máis tempo perdemos, perdemos cartos para poder financiar cuestións tan importantes para a vida dos galegos e galegas como a sanidade ou o ensino", razoa.

Comentarios