Hoxe terza feira ás 19 horas vaise tributar unha homenaxe ao debuxante coruñés Álvaro Cebreiro ao que asistirá a filla do artista, Pilar, o debuxante Siro López e outros persoeiros. Esta é a segunda rúa que cambia de nome, logo da praza Millán Astray, que xa se chama Praza das Atochas. Lembramos que o xeneral Mola foi un dos líderes do golpe de estado de 1936.
Tamén será substituída o nome da praza do xeneral Mola, pasando a recuperar o seu nome tradicional, Praza de Santo André.
A quinta feira 3 de decembro a rúa Juan Canalejo perderá o nome do fundador da Falange na Coruña, pasando a chamarse rúa Socorro, tal e como se coñecía anteriormente.
Documentario sobre os irmáns Mayo
Quinta feira, a partir das 20.30 h., haberá aínda un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de "Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña, Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.