A mesa decorrerá na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia ás 19.30 horas. O doutorando Bruno Esperante Paramos será o moderador. O escritor e ex deputado no Congreso polo BNG Francisco Rodríguez, a profesora da Universidade da Coruña e presidenta do Galo María Antonia Pérez e o profesor da Universidade de Compostela Miguel Anxo Bastos encargaranse das disertacións.
“No debate abordarase a evolución do nacionalismo desde a I Asamblea Nacionalista das Irmandades da Fala, foro que supuxo a superación do rexionalismo e o primeiro paso para considerar de Galiza como un país con capacidade para decidir en todos os eidos”, explican desde a organización do debate 100 anos de nacionalismo galego.
Desa primeira asemblea das Irmandades foi en lugo o 17 e 18 de novembro naceu o manifesto cuxa histórica disposición previa dicía: “Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. Entre os asinantes, os principais vultos do movemento: Castelao, Losada Diéguez, Risco, Cabanillas ou Lois Peña Novo.