NON DES A ESQUECEMENTO

Belarmina Ordóñez, muller valente, comprometida, xenerosa

Belarmina Ordóñez cumpre hoxe 99 anos e con ese motivo recuperamos a súa historia solidiaria cos presos asturianos no campo de concentración de Rianxo no relato de Luís Bará no seu blog Non des a esquecemento. 

Belarmina Ordóñez naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1916. Aos seus 99 anos é un grande símbolo da memoria viva, da memoria resistente. Neste artigo cóntase a súa historia de muller valente, comprometida, xenerosa. A rede solidaria que teceron as mulleres de Rianxo para lle emprestar axuda aos presos asturianos confinados no campo de concentración da Fábrica do Castelo. Un facho de luz no medio da noite e da infamia do franquismo. Toda a historia no blog Non des a esquecemento. 
 

Comentarios