Pintura rosa contra o restaurante da Guarda que fai apoloxía do franquismo

O local amenceu coa fachada pintada de rosa e a frase '1936-2016: Galiza nom esquece' na parede.

Casa olga pintura rosa

A marisquería da Guarda que gañou sona estas semanas pola apoloxía do franquismo que fai a súa propietaria amenceu coa fachada cuberta con pintura rosa e unha pintada nunha das súas reixas: “1936-2016: Galiza nom esquece”. A pintura rosa ten sido empregada, anos atrás, en diversas accións de colectivos contra simboloxía fascista en Galiza.

A propietaria de 'Casa Olga' ten por costume a interpretación do “Cara al sol” durante ceas ou comidas no seu local, unha marisquería que acubilla simboloxía franquista varia nas súas paredes.

Tripadvisor, rede na que as persoas usuarias comentan as súas experiencias acerca de locais de hostalaría e viaxes, recolle numerosas referencias de persoas que aluden o local como unha caste de museo franquista.

Comentarios