A relación entre as Irmandades e a imprensa, a debate no Museo do Pobo Galego

A palestra, organizada pola Real Academia Galega, contará coa presenza de Carme Vidal Laxe, Xan Carballa e Margarita Ledo, e será moderada por Víctor Freixanes.

14_cabeceira A Nosa Terra
photo_camera 14_cabeceira A Nosa Terra

As Irmandades da Fala e a prensa' é o título do acto que a partir das 19:30 horas desta terza feira, 19 de xullo, vai decorrer no Museo do Pobo Galego. Unha actividade organizada pola Real Academia Galega (RAG) e a Xunta e que vai decorrer no Museo do Pobo Galego.

Carme Vidal Laxe debullará o papel das mulleres no voceiro das Irmandades da Fala, Xan Carballa falará da prensa como escaparate das Irmandades e Margarita debruzarase sonre como pensar un modelo de comunicación. A mesa estará moderada por Víctor Freixanes.

Comentarios