ESTADO

O Goberno quere máis investimento militar malia que Defensa debe 29.500 millóns de euros

O ministro quere crear un programa de 'Drones', gastar en vehículos acoirazados e fragatas e presume das exportacións a ditaduras de Oriente Medio.

tanque, armas, armamento, gasto militar, exército
photo_camera Exército español.

A pesar de que apenas sofre os intensos recortes sociais e o seus gastos son protestados por forzas da oposición e movementos sociais, o Ministerio de Defensa quere máis. O goberno español, segundo palabras do ministro Pedro Morenés, desexa máis gasto. Nunha entrevista coa axencia Europa Press, o titular da carteira que dirixe o exército expresou o seu desexo de crear novos programas, que poden supoñer un importante volume de cartos públicos, malia que na actualidade a débeda de Defensa é de 29.500 millóns de euros.

 

“A débeda non debe gravar a evolución natural das Forzas Armadas, cuxas novas adquisicións farán falta”, asegura o ministro, que espera que a partir de 2015 poida sacar adiante “un novo programa para cada exército”. “Un de vehículos acoirazados para terra, un de fragatas para a armada e outro de avións non tripulados para Aire, que por aí vai o futuro”, dixo en referencia aos polémicos 'Drones' que teñen causado centos de vítimas civís.

 

Así mesmo, o ministro de Defensa, amosouse moi orgulloso dos seus negocios con ditaduras árabes, e sinalou a El-Rei como principal defensor desta relación: “Temos unha relación privilexiada con Emiratos Árabes, Qatar ou Arabia Saudí, o monarca ábrenos as portas deses países”.

Máis en Mundo
Comentarios