O goberno español axilizará os desafiuzamentos

O anteproxecto de lei de medidas para a flexibilización e fomento do mercado de aluguer, que será aprobado esta sexta, permite o desafiuzamento dez días despois da sentenza xudicial.

O anteproxecto, que será aprobado no vindeiro Consello de ministr@s intruduce importantes cambios no réxime de aluguer e no procedemento de desafiuzamento.

Segundo o documento feito público polo goberno español, a persoa arrendataria poderá desistir do contrato en calquera momento sempre que o comunique cun mes de adianto. Asemade, poderá recuperar a vivenda --sempre que sexa para familiares, para si propi@ ou cónxuxe--, sen necesidade de que conste no contrato e sempre que informe con dous meses de adianto.

A norma incorpora disposicións específicas a respecto do procedemento de desafiuzamento, habilitando dez días para que a persoa arrendataria pague o diñeiro adebedado, así mesmo, simplifica a composición da Comisión xudicial e duplica a capacidade operativa dos xulgados para levar a cabo o desafiuzamento. Deste xeito, o goberno de Mariano Rajoy axiliza o procedemento de desafiuzamento para aqueles casos en que se retrase o pagamento do aluguer.

Neste ano 2012, no Estado español, producíronse 46.559 desafiuzamentos no primeiro trimestre do ano. Na Galiza, segundo os últimos datos, 9 persoas fican na rúa cada día.

Máis en Mundo
Comentarios