Parabéns de Rajoy ao Goberno cubano

O presidente do Goberno español sofre un lápsus e agradece ao "Goberno cubano do Perú" as súas contribucións, nun acto co presidente do país, Ollanta Humala.

Non era a primeira vez que o presidente do executivo español sufría un incidente deste tipo. Mariano Rajoy ten recollido máis sona nas redes sociais polas súas trabucacións que pola súa xestión de Goberno. O acontecido a pasada quinta feira na súa visita ao Perú --onde se reuniu co presidente Ollanda Humala-- Rajoy agradeceu --por vez primeira na historia-- as contribucións do "Goberno cubano" -- o seu protagonismo e aportacións-- na pasada Cumbre Iberoamericana. Porén, non estaba na illa caribeña senón no centro de América Latina acompañado polo líder do executivo peruano. 

O presidente español. que non emendou o seu erro, continuou amosándose agradecido a Humala, quen procurou manter a calma que exixe o protocolo nestes actos.  

"Non entendo a miña letra"

Mariano Rajoy ten sacado máis dun sorriso nos últimos anos e non pola súa graza persoal nin tampouco por que a cidadania o considere un grande gobernante, senón máis ben pola hemeroteca. O presidente español, tivo máis dun lápsus que deixou ver quen é en realidade. Neste senso, xa en 2011 o daquela candidato á Presidencia, participaba no programa que Pedro J. Ramírez ten en Veo Televisión.  O líder d@s populares sometíase as amábeis preguntas dun público pouco ou nada crítico cando unha estudante universitaria lle preguntou como poría fin ao desemprego. Rajoy, dubitativo, vivía un dos maiores lápsus até o momento e aseguraba ter sufrido unha "cousa bastante notábel" e é que o actual presidente do Estado español non entendía a súa propia letra. 

Malia a man que lle tendeu o director de El Mundo, Rajoy foi incapaz de responder a unha pregunta que aínda hoxe moit@s se fan. "Que medidas ten vostede para acabar co paro".  

Máis en Mundo
Comentarios