O País Valencià reivindica o seu futuro

Unha gran manifestación centrará a 'Diada' que tamén homenaxeará o escritor Joan Fuster. A Plataforma organizadora 'Comissió 9 d’Octubre' lerá un manifesto en que reivindican unha nova economía e a defensa da lingua propia.
Comissió 9 d'Octubre
photo_camera Comissió 9 d'Octubre

O País Valencià celebra hoxe a súa gran festa con varios actos organizados pola "Comissió 9 d’Octubre", unha plataforma integrada por asociacións, sindicatos e partidos políticos. A manifestación que terá lugar a partir das 18 horas en Valencia marcará a xornada que este ano terá o lema de "O País Valencià é o futuro". Despois celebrarase unha homenaxe ao escritor Joan Fuster, ás 21 hores, na Societat Coral el Micalet, en colaboración coa plataforma Castelló per la Llengua e a Associació d’Actors i Actrius del País Valencià. Esta homenaxe lembra o 50º aniversario da obra “Nosaltres els valencians” e o 30º aniversario da xuntanza que reuniu en Castelló milleiros de valenciás e valenciáns polo 50º aniversario das Normes de Castelló.

Na 'Diada' lembran as protestas dos últimos meses e aseguran que "non é democracia a represión de estudantes que piden os recursos que necesitan os centros, nin as ameazas a traballadoras e treballadores polo feito de se manifestaren e reclamaren os seus dereitos sociais e laborais"

Manifesto
O manifesto deste ano centra as súas reivindicacións en rematar co "espolio fiscal", a consecución de máis democracia, a construción do eixo mediterráneo, unha escola pública de calidade, a defensa do idioma e uns medios propios de comunicación.
"Puxeron prezo a nosa liberdade e aos nosos dereitos: 4.500 millóns de euros, uns cartos que non equivalen nin tan só aos 6.000 millóns que anualmente pagamos os valenciáns en impostos", sinalan na Comissió 9 d’Octubre no apartado económico que abre o documento.

No texto lembran as protestas dos últimos meses e aseguran que "non é democracia a represión de estudantes que piden os recursos que necesitan os centros, nin as ameazas a traballadoras e treballadores polo feito de manifestaren e reclamaren os seus dereitos sociais e laborais". Para o futuro do País Valencià consideran imprescindíbel construír o "Eixo mediterráneo" ademais de "defender unha sanidade pública e de calidade que non teñamos que pagar dúas veces cos nosos impostos e co mal chamado copago".

Rematan coa reivindicación dunha escola pública "de calidade e en valenciano" e rexeitan "o elitismo que significa o aumento de taxas". Non se esquecen do tema lingüístico "fundamental para o noso futuro" nin dos medios de comunicación públicos despois do "proceso de privatización que iniciou Zaplana, despois de anos de deterioro da xestión".

Plataformal plural
A Comissió 9 d’Octubre está integrada por asociacións, sindicatos e partídos políticos. As asociacións son Acció Cultural del País Valencià (ACPV), Bloc d’Estudiants Agermanats (BEA), Ca Revolta, Federació Escola Valenciana (FEV) e Societat Coral El Micalet; os sindicatos partipantes Comissions Obreres del País Valencià (CCOO-PV), Intersindical Valenciana e Unió General dels Treballadors del País Valencià (UGT-PV); e nos partidos políticos Compromís, Els Verds del País Valencià, Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV), Esquerra Unida del País Valencià (EUPV), Partit Socialista d’Alliberament Nacional (PSAN) e Solidaritat per la Independència (SI).

Imaxe: Prats i Camps

Máis en Països Catalans
Comentarios