Premio nacional do cine catalán a un director antinacionalista

O director Isaki Lacuesta asegurou nun acto na Universidade de Compostela que a relación entre Països Catalans e creatividade "se la suda"
Isaki Lacuesta no Auditorio de Galiza
photo_camera Isaki Lacuesta no Auditorio de Galiza

O cineasta galardoado participou, en marzo deste ano, nun ciclo dedicado ao cine catalán en Compostela organizado pola USC co apoio do Institut Ramon Llull no Auditorio de Galiza. No acto tamén falou Santiago Fillol, director e profesor de Comunicación Audiovisual da Universitat Pompeu Fabra, e como moderador actuou Anxo Abuín, profesor de Teoria da Literatura de USC. No debate posterior ao coloquio, como recolle o blog La cova fumada da filóloga Susana Amado, "un dos asistentes preguntou pola relación entre Països Catalans e creatividade" e amparado na distancia co seu país de orixe contestou cun rotundo "me la suda la relación paises catalanes y creatividad, no creo en el catalanismo". A desconcertante afirmación descolocou a parte das persoas asistentes que non reaccionaron mesmo cando o cineasta continuou irónicamente dicindo "no se si habré metido la pata, que esto lo paga el Ramón Llull".

Lacuesta: "me la suda la relación paises catalanes y creatividad, no creo en el catalanismo"

Este feito e a posterior reacción do director ás queixas nas redes sociais de persoas catalás na Galiza recolleuno o blog La Cova Fumada. O director abriu, daquela, unha conta en twitter para defender a súa reacción. Dixo que era "catalán, no catalanista" rematándo cun contundente "olé".

O premio de Lacuesta
Os Premis Nacionals de Cultura de Catalunya instituíronse en 1995 e concédeos anualmente a Generalitat de Catalunya, desde o ano 2009 a través do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts (CoNCA). Son, en parte, unha continuidade dos premios concedidos en 1938 pola Generalitat Republicana. O Premi Nacional de Cinema, recoñece a persoa, entitade ou institución que realitzara a aportación máis relevante no campo do cine. No caso de Lacuesta o xurado entendeu a súa "nova maneira de entender o xénero documental, do El cuaderno de Barro realizado o 2011, mostra a forma de traballar do pintor Miquel Barceló na súa cabana obradoiro de Mali e a xénese ritual da acción Paso Doble, representada ao pobo de Gogolí (Mali), que o realizador filma na súa lugar de orixe".

O xurado desta edición formouno Sam Abrams (poeta), Xavier Albertí (director teatral e compositor), Bet Miralta (acróbata), Escarlata Circus (Premi Nacional de Circ 2007), Lluís Bonet Mojica (crítico de cinematografía de La Vanguardia), David Castillo (escritor), Josep Bracons (historiador), Beth Galí (arquitecta), Rosa Maria Malet (directora da Fundació Joan Miró), Assumpció Maresma (xornalista e editora do xornal Vilaweb), Àngels Margarit (bailarina), Bienve Moya (investigador en cultura immaterial), Ramon Muntaner (director da SGAE), Roser Ros (directora de Tantagora Serveis Culturals) e Jorge Wagensberg (director científico da Obra Social de 'la Caixa').

'Cuaderno de Barro' de Isaki Lacuesta (Clip 1) from AVALON on Vimeo.

Máis en Països Catalans
Comentarios