Ameazan por carta o nº2 do BNG de Ordes para que deixe a política

“Canto antes afastes dese mundo benega menos problemas vas ter na vida” dise na misiva anónima.

Concello Ordes
photo_camera Concello Ordes

O portavoz do BNG e candidato da fronte nacionalista en Ordes, Ramiro Recouso, desvelaba nas últimas horas nas redes sociáis que o número dous da candidatura e concelleiro electo, Pablo Vidal, recibira unha carta na que se lle recomenda que abandone o partido polo ben do seu futuro profesional e da súa familia.

Na carta anónima e escrita en español, carga contra Recouso ao que acusa de “fanatismo político” e recomenda ao destinatario da misiva que “ canto antes afastes dese mundo benega menos problemas vas ter na vida”. O remitente sinala que o BNG é un “partido extremista que pide a independencia de Galiza”, engadindo que “cústame crer que ti queiras que se racha España”. A carta finaliza cunha advertencia de que seguir no BNG pode “arruinar a túa vida profesional e persoal”.

A carta chega nun momento no que o actual partido, UXO, pode perder a alcaldía se o BNG se vota a si propio na sesión de investidura, como xa ten anunciado, e deixa gobernar a lista máis votada, a do Partido Popular. Coincide esta carta tamén coas denuncias do Partido Popular sobre os problemas que UXO pon para o relevo de funcións.

CARTA A PABLO VIDAL

Comentarios