Autónomos do Taxi, preocupados pola regulación do transporte nos orzamentos da Xunta  

En Marea considera que o Goberno galego debe deixar de “poñer parches” e afrontar un debate amplo para a elaboración dun Plan de Transporte Público para Galiza.

en marea taxi
photo_camera Imaxe: Natalia Porca

Representantes da Federación Galega de Autónomos do Taxi manifestáronlle a En Marea a súa preocupación polo  novo regulamento incorporado aos orzamentos do 2017, mediante a Lei de Acompañamento, en materia de transporte público, pois entrende que os prexudica e, sen contar coa súa opinión, “favorece a penetración das  empresas de autocares en servizos que eles poderían prestar”. Nesta liña, Fegataxi trasladou a súa disconformidade coa disposición adicional segunda, que dí que “os contratos de xestión de transporte público poderán prever a prestación parcial de servizos públicos de transporte mediante outros vehículos turismo de nove prazas que o contratista deste servizo adscriba exclusivamente á a súa prestación”.
 
En Marea recolleu as solicitudes da Federación Galega de Autónomos do Taxi e anunciou que solicitará a supresión das novas normas en materia de transporte incluídas nos Orzamentos para o vindeiro exercicio. O vicevoceiro de En Marea tamén rmanifestou que se debe “de afrontar  sen máis dilación o debate dun modelo de transporte público para Galiza na súa integridade, e aí deben de entrar as forzas políticas e a sociedade”.

 

Comentarios