BNG empraza a un pacto nacional contra a violencia machista

Ana Pontón propón destinar o 1% dos orzamentos a políticas contra a violencia de xénero. 

ana pontón

Un pacto nacional contra a violencia machista, que destine o 1% dos orzamentos da Xunta para 2017 ás políticas contra a violencia de xénero, e crear un xulgado especifico neste ámbito nas sete grandes cidades galegas. Son as propostas que esta segunda feira debullou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha comparecencia ante os medios.

Pontón insistiu en que se asuma de vez a loita contra a violencia de xénero deben ser “unha prioridade” na axenda política. Non estamos perante unha “lacra” mais perante un problema político e social, polo que o que cómpre e dispor de vontade, medios e recursos para garantir o dereito ás mulleres a poder vivir sen violencia. É “indignante”, denunciou,  cada vez que se garda un minuto de silencio por unha vítima da violencia machsita e como un día despois comprobamos que “non pasa nada”.

Pontón lembrou que despois de dez anos das primeiras Leis, na última década producíronse máis de 40 asasinatos de mulleres en Galiza e unha media de 14 denuncias ao día por violencia de xénero. Destacou que a metade das mulleres asasinadas no ano 2016 presentaran previamente a denuncia e  reclamou máis  xulgados especializados de loita  contra a violencia de xénero, “polo menos 1 nas sete grandes cidades galegas” para que ningunha vítima teña que agardar por un xulgado sentada ao lado do seu agresor.

Dende o BNG reclaman “un pacto galego” contra a violencia de xénero baseado en tres alicerces: “Máis recursos, ampliar as leis para loitar pola igualdade e dar pasos para desmontar o patriarcado”.A portavoz nacionalista anunciou que no vindeiro pleno, o BNG solicitará ao goberno que acepte a emenda aos orzamentos do ano 2017 para destinar  o 1% a loitar contra a violencia de xénero e a políticas que favorezan a igualdade de maneira real” ao que sumou a incorporación dunha regulación do feminicidio e o Estado de protección das vítimas do  feminicidio para garantir unha atención integral das mulleres que sofren esta violencia.

Comentarios