O conselleiro de Ensino xa non agocha que quere ser o candidato do PP en Ourense

Jesús Vázquez postúlase directamente ante Feijóo como posíbel aspirante da súa formación na cidade das Burgas, o que obrigaría a cambios no goberno autonómico. 

Jesús Vázquez, PP Ourense
photo_camera Jesús Vázquez, conselleiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, manifestou estar "a disposición" do partido e do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado sobre a súa posible candidatura á Alcaldía de Ourense nas próximas municipais de maio.

Coincidindo coa súa visita ás instalacións do novo colexio de San Pedro de Nós en Oleiros (A Coruña), Jesús Vázquez manifestou que "cando un pertence a un partido son os presidentes os que teñen que tomar as decisións". 

"Até hoxe sigo traballando na Consellería a todo ritmo e seguirei o tempo que o presidente estime oportuno", recalcou Vázquez, segundo recolle Europa Press. Ademais, subliñou que el está, desde fai seis anos, "nun proxecto que é o de Alberto Núñez Feijóo". 

O presidente da Xunta veríase obrigado en caso de aceptar a candidatura de Vázquez a un cambio no seu Executivo, que podería ser maior pero neste caso afectaría a un dos seus colaboradores máis polémicos. 

Comentarios