O Constitucional suspende a convocatoria de referendo en Catalunya

Advirte a presidenta do Parlament e o presidente da Generalitat “eventuais responsabilidade, incluída a penal, nas que poidesen incorrer”. 

9nvotar

O pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite esta cuarta feira o incidente de execución de sentenza presentado polo goberno español o 14 de outubro pasado contra as resolucións aprobadas uns días antes polo Parlament de Catalunya, entre elas, as que apoiaban a realización dun referendo en 2017.

A admiisión a trámite supón a suspensión cautelar das resolucións aprobadas até que o tribunal de garantías se pronuncie sobre o fondos dos asuntos. O goberno español cuestionou a legalidade de seis resolucións aprobadas polo Parlamento pasado de 7 de outubro ao existir un "incumprimento" da sentenza do Tribunal Constitucional .

A decisión do TC lembra a Carme Forcarell e Puigdemont o seu deber, como presidentes do Parlament e da Generalitat, de “paralizar” calquer iniciativa que implique ignorar ou eludir a suspensión acordada. A maiores, advírtelles das “eventuais responsabilidade, incluída a penal, nas que poidesen incorrer”. 

Comentarios