Unha enquisa sitúa Podemos como forza máis votada nas próximas eleccións estatais

O partido que lidera Pablo Iglesias benefíciase do malestar cidadán e da decepción con formacións de maior traxectoria e se sitúa como favorita á Moncloa, segundo Metroscopia.

podemos
photo_camera Pablo Iglesias

A formación de Pablo Iglesias, cuxas teses veñen de ser apoiadas pola militancia, podería ser a forza política máis votada de se realizaren agora no Estado eleccións xerais, segundo unha enquisa publicada este domingo por El País, que sinala a Podemos como a lista máis votada cun 27% dos sufraxios.

Ademais, segundo a enquisa, non só superaría a PSOE e PP, senón que o seu líder se sitúa como o mellor valorado e por diante do líder do PSOE, Pedro Sánchez, segundo o resultado estimado na traballo que elaborou Metroscopia.

Un 33 por cento das persoas que afirmaron a súa intención de votar a Podemos cre que é o partido que máis se achega agora ao que pensan, mentres que un 42 por cento decidiu o seu voto por decepción e desencanto co resto de forzas.

El País oferece un inquérito que vai na liña que se espera do que fará público o CIS esta segunda feira. Non ofrece datos sobre o soberanismo

Segundo os datos da sondaxe, Podemos sacaría 1,5 puntos ao PSOE e o PP caería ao 20,7%. Izquierda Unida quedaría na metade dos votos que ten agora

Días antes, en Catalunya publicouse unha enquisa oficial que sinalaba a Esquerra Republicana como primeira forza. O CIS publicará esta semana un traballo que constatará o ascenso de Podemos e ERC, así como a forza de Bildu en Euskal Herria, factores que inciden na crise do modelo constitucional español. A emquisa non dá datos sobre forzas soberanistas, tampouco do BNG. 

Comentarios