Feijóo púxose en modo ministro de Rajoy para bater duramente contra Mas. Afirmou que "non se lle pode botar un pulso ao Estado" e que ao president da Generalitat non lle "pode saír debalde" convocar "un referendo ilegal e actuar contra o Estado ao que representa".
O presidente da Xunta pronunciouse nestes termos nun encontro coa imprensa após presentar no Foro Nova Economía a quen fora a súa conselleira de Facenda e actualmente é secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás.
Feijóo acusa a Mas de enganar os cidadáns e de criar "desafección".
Feijóo non cre que se poda reformar o sistema de financiamento autonómico, contrario aos intereses de Galiza, en tanto a economía non medre
En todo caso, o dirixente do PP non lle fecha totalmente a porta ao líder de Convergència. "Hai unha posibilidade: perante unha gran decisión equivocada facer unha grande rectificación. Aínda se está a tempo".
Dixo algo desde a perspectiva dos intereses de Galiza? Pouca cousa, alén de adiar até que a economía medre calquer hipótese de reformar o financiamento das comunidades autónomas para ponderar como é debido elementos como o avellantamento ou a dispersión populacional que neste momento non están adecuadamente contemplados polo Estado, como mesmo recoñece o goberno galego.