Francisco Vázquez pide que o Exército español interveña en Catalunya

O ex-alcalde da Coruña participou dun acto unionista en contra do 9-N como o que tamén tivo lugar en Vigo con Gloria Lago e en Compostela con Blanco Valdés, que contou coa policía impedindo o paso ao Obradoiro de independentistas.

paco-crop
photo_camera Vázquez, durante o acto

Ex-alcalde da Coruña polo PSOE e coñecido polo seu españolismo, Francisco Vázquez subiu este sábado un chanzo no seu discurso ao pedir que o Exército estatal interveña en Catalunya ante o proceso e a reivindicación soberanista que é alí maioritaria. Con ese propósito mesmo sacou de contexto unha actuación do que foi presidente de EUA, John Fitzgerald Kennedy, para apoiar a súa demanda, lembrando cando JFK convocou a Garda Nacional para defender os dereitos dun estudante negro ao que non se lle permitía acceder á universidade en Alabama, algo escasamente parecido ao que ocorrerá este 9-N. Fixo estas declaracións durante un acto contra o proceso consultivo catalán na Coruña no que participou megáfono en man, criticou a PP e PSOE e no que tamén foron visíbeis coñecidos membros da dereita e a ultra-dereita local. 

Outras cidades

Tamén en Vigo, coa voceira de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, como líder e en Compostela, co catedrático e columnista de referencia de La Voz de Galicia, Roberto Blanco Valdés, á fronte, tiveron lugar estes actos unionistas. En Santiago, a policía impediu o acceso á Praza do Obradoiro a un grupo de independentistas galeg@s que pretendían contra-manifestarse. As convocatorias unionistas tiveron moi poco apoio. 

Comentarios