ALBERTE MERA, REELEITO SECRETARIO XERAL CO 98% DOS VOTOS

Galiza Nova coloca como albo "achegar máis mocidade ao proxecto nacionalista"

Alberte Mera foi elixido de novo secretario xeral após unha asemblea na que houbo un apoio masivo ao informe de xestión e que pulou por “mudalo todo”.

gznova-cropII
photo_camera Asemblea de Galiza Nova

Galiza Nova culminou a súa XIII asemblea nacional coa relección de Alberte Mera como secretario xeral e un masivo apoio -dun 94 por cento- ao informe de xestión dun conclave que tivo lugar baixo o lema de “mudémolo todo”.

As mocidades nacionalistas márcanse agora como obxectivo “achegar o nacionalismo á mocidade”. Segundo Mera, o reto é facer de Galiza Nova unha organización “máis dinámica, activista, ilusionante, capaz de achegar mocidade ao proxecto do nacionalismo e do BNG, no que cremos e ao  queremos chamar a moz@s de Galiza para construír un país con futuro e traballo, onde non nos condenen á emigración”.

"Queremos unha organización máis dinámica e ilusionante" dixo Alberte Mera no seu discurso final

Na clausura tamén participou o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, que cualificou de “traballo ilusionante” o que teñen por diante as mocidades da súa organización, malia as dificultades que terán que enfrontar. “Nada vai ser regalado, pero todo é posíbel se hai vontade”, dixo.

Vence tamén cualificou de “crucial” o papel que debe xogar a mocidade neste tempo histórico e na defensa do dereito a decidir dos pobos, a igualdade das mulleres ou a posibilidade de vivir con traballo e dignidade na propia terra.

Comentarios