Iglesias gaña pola mínima a Errejón na consulta sobre as regras de Vistalegre II

A diferenza entre ambas as dúas propostas limitouse a 2.400 votos. A de Iglesias tivo o 41,57% dos apoios, Errejón 39,17% e a de Anticapitalistas un 10,5%.

[Imaxe: Podemos]
photo_camera [Imaxe: Podemos] Pablo Iglesias e Íñigo Errejón

Vistalagre II rexirase polas regras de Pablo Iglesias. O modelo proposto polo secretario xeral de Podemos impúxose, pola mínima, iso si; no referendo de consulta ás bases do partido ao proposto por Íñigo Errejón. 'Podemos para todas', que impulsaba Iglesias, logrou 40.830 votos, o 41,57% do total. Son apenas 2.400 sufraxios máis que 'Recuperar a ilusión', de Errejón, que atinxiu 38.419 votos, o 39,12%. A terceira opción en desputa, presentada por Anticapitalistas baixo o nome 'Podemos en movimiento', logrou o 10,5% dos votos emitidos, 10.300.

Estes resultados indican como van ser as regras baixo as que decorra o congreso de refundación do partido lilá, unha cita que terá lugar do 10 ao 12 de febreiro. Así pois, os documentos de estratexia política votaranse ligados aos equipos de persoas que aspiren ao Consello Cidadán, que era o que defenía Pablo Iglesias fronte a Errejón. A maiores, o sistema de votación será o desenvolvido polo secretario de Organización, Pablo Echenique

Comentarios