Mentres continúan as xuntanzas e os debates entre varios grupos galeguistas e nacionalistas -a maioría escindidos do BNG e outros procedentes do federalismo ou incluso do PP- para organizar unha candidatura ás eleccións autonómicas no bautizado como Novo Proxecto Común, un dos impulsores deste proceso, o partido Máis Galiza, realizará a súa presentación en Vigo.
Dosio Álvarez, secretario comarcal, e Xoán Bascuas, secretario xeral, serán os oradores no acto de +G este xoves 26 ás 20.00 horas no Paraninfo do antigo reitorado da Universidade viguesa.
Por outra parte, segundo anunciou o ex militante do PP Rafa Cuiña durante unha palestra en Compostela, Acción Galega -grupo teoricamente situado no centro galeguista- xa se constituíu en partido político.