O BNG condenou mediante declaracións do seu voceiro nacional, Xavier Vence, “a xestión corrupta do PP de Ourense que xestiona con empresas amigas para controlar a provincia”. “Estase a destapar unha forma de gobernar que o BNG leva denunciando anos”, engadiu en referencia ás sospeitas de financiamento irregular dos populares, que está a ser investigada.
Pola súa parte, AGE -en boca do seu voceiro Xosé Manuel Beiras- asegurou que “o PP leva desde os 80 financiándose ilegalmente, incluso grazas a contrabandistas”, indicou.
O PSOE pedirá que Feijóo explique no Parlamento o posíbel fraude da súa formación, namentres que o líder do PP en Ourense e presidente da Deputación, José Manuel Baltar, anunciou que demandará ao ex-secretario do PP na provincia, Emilio Pascual, por “atentado vil e obsceno”.