Pedro Sánchez cualifica de “erro” a modificación do art. 135 e apoia a súa modificación

O PSOE apoiará que se tome en consideración a proposta de Izquierda Plural para que se dea prioridade aos servizos públicos no canto do pagamento da débeda.

psoe-cropII

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, remenda a Zapatero e afirma que @s socialistas apoiarán a derrogación do artigo 135 da Constitución española que obriga a priorizar o pagamento da débeda por riba de calquera outra cuestión. Foi unha medida aprobada polo goberno socialista de Zapatero co apoio do Partido Popular en agosto de 2011. Naquela altura, Pedro Sánchez era deputado do PSOE.

Unha proposta de reforma da Constitución presentada polo grupo de Izquierda Plural e que pide que se dea prioridade aos servizos públicos fronte a débeda vai ser debatida esta cuarta feira no Congreso español. Sánchez dixo que o PSOE votará a prol da toma en consideración da proposta. Se o PP rexeita a iniciativa, os propios socialistas volverán presentala en febreiro.

Pedro Sánchez admite que a reforma do artigo 135 foi un “erro”.

Comentarios