Podemos repetirá eleccións en Ferrol após detectar 200 inscricións fraudulentas

A Comisión Electoral invalida o proceso de eleccións na cidade do Consello Cidadán e do secretario xeral.

[Imaxe Podemos]
photo_camera [Imaxe Podemos]

A Comisión Electoral para os Procesos Constituíntes Territoriais de Podemos invalidará o proceso decorrido en Ferrol para que esta formación elixise o seu Consello Cidadán e secretario xeral. Unha decisión adoptada após detectar que “máis de 200 inscricións [para tomar parte nese proceso] realizáronse de maneira presuntamente fraudulenta, non acorde cos patróns de seguridade implementados”.

A Comisión fixa un prazo non inferior a seis meses para realizar outravolta este proceso. O organismo informou que os sistemas de alerta e control que posúe o portal para votación ‘on line’ de Podemos detectaron o 30 de decembro diversas anomalías no proceso electoral en Ferrol. Unhas anomalías que resultaron nesas 200 inscricións supostamente fraudulentas. A Comisión optou por eliminar esas inscricións e invalidar as eleccións, unha decisión que xa foi trasladada ás candidaturas participantes.

Comentarios