O PSdeG urxe mudar a política económica da Galiza "radicalmente"

Abel Losada critica ao Goberno de Rueda polos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).  
O secretario de Economía e Emprego do PSdeG, Abel Losada (Foto: Nós Diario).
photo_camera O secretario de Economía e Emprego do PSdeG, Abel Losada (Foto: Nós Diario).

O PSdeG advertiu de que a Galiza sofre unha evolución do mercado laboral "alarmantemente inferior" á da media estatal. Nun comunicado enviado esta sexta feira, o portavoz de Economía e Emprego da Executiva socialista, Abel Losada, apunta a unha "contundente valoración negativo" dos resultados da Galiza en termos de desemprego e ocupación.

"Estamos a falar de 2.600 persoas máis en desemprego no segundo trimestre de 2024 en comparación co mesmo período de 2023", asegurou o portavoz socialista.

Diante disto, Estes resultados son inaceptábeis", subliñou Losada. 

O socialista atribuíu estes resultados negativos a unha política económica da Xunta da Galiza baseada "na inercia e carente de iniciativas concretas para promover a actividade económica e mellorar a competitividade da economía galega".

Para Losada, “cando o maior exercicio de política económica do goberno galego se limita a carteis publicitarios polas autovías galegas falando de 'desburocratizar', estes resultados negativos do mercado laboral son unha crónica anunciada”, criticou esta sexta feira.

Comentarios