Sánchez anuncia primarias e congreso do PSOE

O 'sector crítico' rexeita unha proposta que consideran “unha irresponsabilidade”.

Pedro Sánchez. Mitin en Pontevedra. Eleccións xerais 2016.
photo_camera Pedro Sánchez. Mitin en Pontevedra. Eleccións xerais 2016.

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou perante os seus compañeiros da dirección a intención de convocar xa o 39 Congreso do Partido Socialista, realizando un proceso de primarias en outubro. As primaras entre a militancia para elexir secretario xeral serían o 23 de outubro e o congreso, o 1 e 2 de decembro.

Esta foi a proposta que puxo sobre a mesa na xuntanza da Comisión Permanente da Executiva Federal, reunida en Ferraz oara analisar os resultados das eleccións en Galiza e Euskadi. En base a ste roteiro, as primarias decorrerían o 23 de outubro e o congreso, o 1 e 2 de decembro. Esta é a proposta que faga ao Comité Federal o vindeiro sábado.

Esta posibilidade xa foi apuntada en días pasados e xa tivo a oposición do sector crítico co secretario xeral socialista. A pasada sexta feira, e nunha rolda de imprensa conxunta, os presidentes de Aragón e Castela-A Mancha avisaron que sería “unha irresponsabilidade” mergullarse en debates internos. 

Comentarios