Santiago Villanueva será o novo Delegado do Goberno en Galiza

O aínda director xeral de Emerxencias substituirá no cargo ao polémico Samuel Juárez e é unha persoa de confianza do círculo do vicepresidente Alfonso Rueda.

villanueva-crop
photo_camera Villanueva

O até de agora director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, ligado ao departamento da Xunta que dirixe o vicepresidente, Alfonso Rueda, relevará a Samuel Juárez como delegado do Goberno en Galiza.

Diversas fontes confirmaron a substitución de Juárez, cuxo mandato estivo marcado pola polémica ao ser acusado de “represor”, e abandonará a Delegación para incorporarse a un posto de agregado de Agricultura na Embaixada de España en Pequín.

Angrois

Villanueva, que ocupou cargos na Administración de Manuel Fraga e tamén co bipartito, é unha persoa de confianza do propio Alfonso Rueda. A Xunta destacará no seu nomeamento a súa participación no dispositivo que acudiu ao accidente ferroviario de Angrois, que recibiu críticas por parte do persoal.

Comentarios