O Tribunal Constitucional suspende a consulta do 9N

En apenas hora e media de debate @s 12 maxistrad@s acordaron por unanimidade aceptar os recursos do goberno español e suspender a lei de consultas de Catalunya por 5 meses.

Tribunal Constitucional
photo_camera Tribunal Constitucional

O pleno do Tribunal Constitucional admitiron a trámite por unanimidade os recursos presentados polo goberno español contra a Lei de consultas catalá e o decreto de convocatoria do referendo do 9 de novembro. Esta admisión supón suspender a consulta do 9N. Ambas normas fican suspendidas durante un prazo de 5 meses. Nese prazo o TC terá que decidir se revoca a decisión ou a mantén. Esta resolución foi tomada nun pleno do TC convocado con carácter excepcional. Agora abrirase un prazo para a presentación de alegacións. O Tribunal xustificou a rapidez na decisión na "trascendencia constitucional e política" do proceso que se vive en Catalunya. 

Desde Catalunya, ANC e Ómnium, plataformas cidadás que impulsan o proceso soberanista, xa anunciaron que convocarán concentracións esta terza feira perante os concellos en defensa do referendo. Fontes da Generalitat falan de "erro histórico" do TC. Desde CUP e Arran convocan para esta mesma segunda feira. Vila d'Abadal, presidente deAMI (Asemblea de Concellos pola Independencia) animou á veciñanza a participar en todas as mobilizacións. 

Tamén en Galiza, e a nivel de redes sociais, estanse a convocar concentracións para esta terza feira a partir as 20:00 en diferentes lugares en solidariedade co pobo catalán e en apoio ao referendo. Algúns dos lugares: Vigo (Marco), A Coruña (Obelisco), Compostela (Pza Toural), Pontevedra (Pza Peregrina), Lugo, (Sub-delegación do Goberno español), Ferrol (Hino Galego), Ourense (Pza Maior), Burela (Pza da Mariña), Ponteareas (Concello)

Mas: "Nin preguntan nin deixan preguntar"

O presidente catalán afirmaba, momentos antes de se coñecer a decisión do TC, que o goberno español estaba (coa presentación dos recursos) adoptando unha actitude "hostil" e que "nin preguntan nin deixan preguntar".

Desde ERC afirmaban que a mellor resposta que se pode dar a "á negación da democracia" é "máis campaña pola democracia" e animaban á cidadanía a tomar parte nas manifestacións contra a decisión do Constitucional. "A nosa obriga é cumprir con aquilo que se lle prometeu ao pobo de Catalunya". A CUP fixo unha chamada á "desobediencia" fronte non só o TC senón da "legalidade española". Mesmo o deputado de EUiA David Companyón afirmou que após a decisión do Constitucional que "é hora de obedecer a legalidade catalá".

Da man 'conservadores' e 'progresistas'

O TC, presidido polo ex-militante do PP Francisco Pérez de los Cobos, ten unha maioría conservadora de sete maxistrados fronte cinco dos ector denominado progresista. Pérez de los Cobos, que nun seu libro criticaba o "onanismo da política catalá" e afirmaba que o nacionalismo é "a única ideoloxía capaz de seguir a producir pesadelos"'. @smaxistrad@s decidiron a suspensión da consulta por unanimidade.

 

En ampliación

Comentarios