"O único horizonte de ruptura vén do soberanismo, non da esquerda española"

"O Bloque está en condicións de consolidar e reforzar o poder municipal do nacionalismo", afirma, en entrevista con Sermos Galiza, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a poucos días de comezar a campaña das municipais 2015.

Xavier Vence
photo_camera Foto: H.V.

Xavier Vence (Rodeiro, 1961) recébeme no seu despacho da Faculdade de Económicas da USC a poucos días de comezar a campaña das municipais 2015. A última vez que falei con el (xuño 2014, Sermos Galiza número 100), o portavoz nacional do BNG advogou por que a formación nacionalista tendese máis "pontes de diálogo" coa sociedade. Dez meses despois, acha que o diálogo xa comeza a dar froitos e que o BNG vai superar todas as expectativas, as "propias e as alleas", o 24M.

Hoxe o portavoz nacional do BNG -en mangas de camisa, de bon humor- é máis directo na comunicación e ten unha virtude pouco común nos políticos e en xeral nas persoas que comparecen perante o público: olla para os ollos do interlocutor, non fala de esguello.

"As candidaturas do Bloque chegarán ao 97% da poboación galega, e sen paracaidismo"

-No recente Encontro Nacional do BNG, deitache unha frase que me surprendeu, soou como retadora. Esa alusión que fixeche a que "os agoreiros estarán hoxe desgustados" co feito de o Bloque presentar máis de 4.000 candidatas e candidatos o 24M

-Non, simplesmente foi unha frase realista, no sentido de contextualizar a situación do BNG fronte á ese discurso de ninguneo e de negación que está tendo unha parte do poder, en particular Feijóo, que verbaliza de forma sistemática esa idea de que o nacionalismo está en descomposición, discurso que ten ecos nalgúns outros que, polas razóns que sexan, gostan de se sumar á idea de que o nacionalismo e o Bloque están en queda libre. Entón, frente a iso, os dados son moi contundentes. O BNG consegue estar presente con candidaturas moi renovadas en 259 concellos, para chegar así a aproximadamente ao 97% da poboación do país, e sen facer paracaidismo, mobilizando e comprometendo a 4.069 persoas nas súas candidaturas. Pois ese é o reflexo dun proxecto político que está aí, que está solidamente ancorado no territorio, o cal non quer dicer que non sexamos conscientes das dificultades, das limitacións que temos e das necesidades de reforzar quer a implantación quer o ánimo da xente para a participación política en todos os frentes. Mais o certo é que o BNG está aí, disputándolle ao PP en todos os sitios, en todo o territorio galego, co cal nos estamos erixindo na opción nacionalista de esquerdas que lle disputa ao centralismo, e en particular ao PP, a representación institucional en practicamente todo o país.

pax_vence

A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no número 143 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

 

 

 

 

 

 

Comentarios