Alberte Mera será o novo director de 'Nós Diario' desde setembro

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. nomeou esta quinta feira o xornalista Alberte Mera (Vigo, 1987) director de 'Nós Diario', en substitución de María Obelleiro, que pasará a facer parte do Consello de Administración e que ocupará o cargo de directora editorial da empresa. Yuri Carrazoni será o subdirector e Elvira Branco coordinará o semanario 'Sermos Galiza'.
Alberte Mera, María Obelleiro e Yuri Carrazoni. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Alberte Mera, María Obelleiro e Yuri Carrazoni. (Foto: Nós Diario)
Comentarios