A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, AMIT-Gal, amosou onte o seu "disgusto e indignación" pola decisión da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) de conceder as súas medallas da investigación a cinco homes.
"Non cuestionamos a súa valía, pero hai moitas científicas de alto nivel na Galiza que poderían ser merecedoras. Semella que unha e outra vez a RAGC ignora as mulleres".
Tamén a Rede Galega pola Investigación, InvestiGal, censurou onte este desequilibrio. "Desde logo non dubidamos da súa valía mauis preguntámonos como é posíbel que a RAGC considere que non hai ningunha muller galega merecedora desta distinción", lamenta. .