Malia a chuvia, a marcha comezou ás 12.00 dende os xardíns de Capitanía. O paseo fixo paradas no cuartel de Atocha, no recinto da Maestranza e nun edificio da rúa Adelaida Muro. Todos eles son terreos que a plataforma quere recuperar para "uso público".
O portavoz da organización, Ricardo Vales, salientou a necesidade de recuperar estes terreos e dixo que é só unha "cuestión de vontade política" porque se fixo máis veces noutras ocasións.
Pola súa banda, Néstor Rego anunciou que a representación de Galiza no Congreso, co BNG, suporá a defensa destes terreos e edificios que o Ministerio xa non usa e que eran "bens comunais".
Así, o candidato engadirá isto ás primeiras reclamacións que planea facer cando chegue a Madrid. Na súa opinión, "non é admisible que Defensa pretenda facer efectivo e especular con estes terreos", en lugar de "darlles un uso público que beneficie" ás cidadás.