Lidia Senra, deputada por AGEe no parlamento europeo, presentou esta semana unha pregunta á Comisión sobre os presuntos maos tratos sufridos polo preso independentista Antom Santos a finais do mes pasado na cárcere de Dueñas.
Senra refírese á información fornecida por diferentes colectivos como Esculca e medios sobre o acontecido e pregunta á Comisión europea se considera o acontecido unha acción “vulneradora de direitos e dos princípios para a protecção de todas as pessoas sujeitas a qualquer forma de detenção ou prisão, adotados pela Assembleia Geral das Nações Unidas na sua resolução 43/173, de 9 de Dezembro de 1998?”.
Após finalizar un vis a vis coa súa familia, 3 funcioanrios requeriron a Antom Santos para que se espise, ao que el se negou se non lle daban, como establece o regulamento, unha bata. Dous dos funcionarios procederon entón a reducilo a través da forza para trasladalo posteriormente a un celda de isolamento.