O Tribunal Supremo condena a un ano de prisión e a seis de inhabilitación ao cantante de Def Con Dos, César Strawberry, polos 6 tuits nos que ironizaba coa volta de ETA e os GRAPO ou o atentado contra Carreto Blanco. Para o Supremo, Strawberry é culpábel dos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación das vítimas. Para A Sala do penal os chíos deste músico “alimentan o discurso do odio” e “lexitiman o terrorismo como fórmula de solución de conflitos sociais”.
O pasado mes de xullo a Audiencia Nacional absolvera César Strawberry. O que non gostou á Fiscalía, que recorreu o arquivo, chegando ao Tribunal Supremo, que agora vén de condenar o cantante.
O cantante de Def Con Dos foi unha das 19 persoas detidas en maio de 2015 na operación policial contra o ‘’enaltecemento do terrorismo’’ nas redes sociais que decorreu en diveras partes do Estado. “En todo momento considerei que esta actividade atopábase amparada pola liberdade de expresión, mais é obvio que era unha ilusión", afirmara o cantante após aqueles feitos. “O Gran Irmao tirou a careta. ¿Orwell tiña razón? A policía do pensamento veu buscarme e podo ser xulgado por un delito, Pretenden encarcerar todo pensamento satírico?”