A CIG convoca protestas contra Leroy Merlín en Compostela por "represión sindical"

A central nacionalista mobilizarase esta sexta-feira para frear o despido do traballador que exerce de delegado sindical na empresa, que argumenta motivos "disciplinarios" que o sindicato cre "represivos". 

A CIG-Servizos convoca para a vindeira sexta-feira, día 2 de xaneiro, ás 19:00 horas, unha concentración diante do establecemento de Leroy Merlín de Compostela en protesta polo despedimento do delegado da sección sindical da CIG na empresa. Esta é a primeira das mobilizacións que convoca pero a central nacionalista xa anuncia que continuarán as protestas "até que o traballador sexa readmitido".
 
A CIG-Servizos de Compostela explica que "este despedimento prodúcese tras varios casos de represión por parte da dirección da empresa contra a sección sindical da CIG, logo de que esta presentara demandas por modificacións de horarios e denuncias perante a Inspección de Traballo por vulneración de liberdade sindical".
 
O traballador despedido foi, até hai un ano, membro do comité de empresa de Leroy Merlin, que agardou a que transcorrera o tempo legal de protección dos membros do comité (1 ano) para proceder a este despedimento que a empresa realiza "como disciplinario, recoñecendo a súa improcedencia", di o sindicato. 

Comentarios