CIG e CUT impulsan unha mobilización para este sábado contra os recortes salariais e de dereitos en Citroën, unha manifestación que queren que sexa “aberta” e “plural”, sen que as siglas sexan as protagonistas, e na que Vigo e a comarca se sumen. A marcha partirá ás 11:30 horas da Praza de América e finalizará perante a factoría da PSA Peugeot-Citroën.
A manifestación quer amosar o rexeitamento existente aos recortes pactados entre a empresa e o sindicato amarelo (SIT, maioritario, con 20 delegad@s) e aos que se opoñen CIG, CUT, CCOO e UGT. Son medidas que supoñen un recorte salarial do 5%, limitación nas actualizacións, supresión e rebaixa de complementos...
@s convocantes apostan en que sexa unha mobilización ampla e plural e consideran que na mesma non só deben de tomar parte operari@s da factoría, senón a veciñanza de Vigo, “porque está moito en xogo”.
“Unha empresa que ten levado innumerables axudas publicas de todos e todas o que tamén traballamos naquela fabrica, non poden ser utilizadas para eliminar postos de traballo e subvencionar despedimentos. Non só temos perda no sector económico, tamén no social como as saidas os medicos, licenzas, e un longo etc……5 anos de empobrecemento continuo dos/as traballadores/as “.
Entre as demandas da manifestación está a de que as propostas pactadas entre empresa e SIT sexa sometidas a referendo de todos e todas as traballadoras da factoría.