O mes negro no que en Galiza a Seguridade Social perdeu 18 afiliad@s cada hora

Máis de 13.000 persoas ‘desapareceron’ en tan só 31 días das listas de afiliación da Seguridade Social no noso país. Un dado que exemplifica como a crise e o desemprego desminten a mensaxe de ‘recuperación’ do PP.

Foron só 31 días, un mes. Entre o 30 de novembro e o 31 de decembro. Mais nese espazo a Seguridade Social en Galiza perdeu máis de 18.000 persoas afiliadas. Unha media de 422 afiliad@s menos cada día, 18 cada hora. Cifras que sinalan que a propaganda e anuncios do PP de recuperación económica baten coa verdadeira realidade laboral en Galiza.

Desde 2010 a inicios deste 2015 case A Seguridade Social en Galiza baixou en case cen mil persoas afiliadas, máis que os habitantes totais censados de, por exemplo, Compostela, a capital do noso país. Unha queda que se deu en todos os rexistros da SS, tanto no réxime xeral como no de autónomos ou no especial do mar.

Máis un dado do escenario do día a día en Galiza. Como o de que o número de persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación supera xa as 120.000 no noso país. O paro aumentou en decembro en 3.286 persoas, situándose ao remate de 2014 nun total de 251.981 desempregados/as, un 1,32% máis que no mes anterior.

Comentarios