EN 2013 FALECERON 1.940 TRABALLADORAS E TRABALLADORES EN SINISTROS LABORAIS

Preocupante ascenso dos accidentes laborais en Galiza, un 13,6 máis que hai un ano

Só no mes de novembro tiveron lugar no país 2.205 sinistros -catro deles mortais- o que supón xa unha cifra de 21.501 no que vai de 2014, máis que no mesmo período do ano anterior.

Accidente laboral
photo_camera Accidente laboral

O total de accidentes laborais rexistrados en xornada de traballo en Galiza no pasado mes de novembro aumentou un 13,66% ao situarse nos 2.205 sinistros fronte aos 1.940 do pasado exercicio.

Así o comunicou a Consellería de Traballo, no que precisou que no total de accidentes, 2.164 foron leves, 37 graves e catro mortais. O comportamento dos sectores non foi uniforme. Así, diminuíron os accidentes na agricultura nun 8,94%, aumentando nas demais áreas, como na de pesca ( 4,17%), nos servizos (11,47%), na industria (19,50%), e na construción (25,10%).

O departamento de Beatriz Mato explicou que para ter unha visión precisa da sinistralidade laboral utilízase o índice de incidente, que compara o número de accidentes co número de traballadores con continxencias profesionais cubertas. Así, o chamado índice de incidente do total dos accidentes en xornada laboral en Galiza aumentou un 12,59% en novembro deste ano respecto ao mesmo mes de 2013. Por sectores, diminuíu na agricultura nun 7,14%. Fronte a iso, aumentou na pesca nun 7,56%, nos servizos nun 9,49%, na industria nun 20,20% e na construción nun 26,09%.

A sinistralidade laboral aumentou nun 3,40% até novembro deste ano, cun total de 21.501 accidentes laborais fronte aos 20.794 no mesmo período de 2013. Sindicatos teñen denunciado que os recortes en empresas por mor da crise estarían detrás de moitos destes accidentes, posto que a seguridade é máis relaxada para buscar así un aforro que pode levarse vidas de traballadores por diante.

Comentarios