Traballadores de Alcoa intensifican os protestos e impiden a saída de aluminio das factoría

Manteñen as mobilizacións contra a ameaza de peche que a multinacional ten sobre a factoría coruñesa, onde traballan 400 persoas.

ALCOA
photo_camera Imaxe: @IsabelBravoF

O cadro de persoas de Alcoa decidiu en asemblea intensificar as mobilizacións e protestos para amosar o rexeitamento aos plans da empresa de facer un despedimento colectivo na factoría coruñesa (e non só nela). Os traballadores acordaron bloquear a circulación de camións desde ou cara á planta, evitando así a saída de placas de aluminio. Nas primeiras horas desta terza feira convenceron a tres camioneiros de que desen a volta. O obxectivo: evitar que hoxe saian da factoría as 200 toneladas de placas de aluminio previstas. Fontes do cadro de persoal destacan que os profesionais do transporte entenden as demandas e loita dos traballadores de Alcoa.

Os operarios ergueron barricadas de neumáticos incendiados e anuncian que manterán protestos como o corte de tráfico ou manifestacións. Unha das manifestacións que percorrerá A Coruña será esta sexta feira. Queren que sexa masiva e se involucre a veciñanza da cidade. Falouse mesmo con representantes de Navantia e outras empresas para que tomen parte na mobilización.

Comentarios