Vigo sae á rúa contra os recortes en Citroën

2.000 persoas secundan o chamado de CIG e CUT para facerlle fronte ao acordo da central maioritaria coa empresa, que rebaixa as condicións laborais dos traballadores da factoría.

cut-crop
photo_camera Manifestación en Citroën / CUT

Máis de 2.000 persoas, segundo datos dos sindicatos, saíron este sábado, convocados pola CIG e a CUT, ás rúas de Vigo para manifestar o seu rexeitamento aos recortes salariales pactados entre a factoría de PSA Peugeot Citroën e o sindicato maioritario, SIT (e a oposición de CIG, CUT, UGT e CC.OO.).

Desde a Praza de América á factoría de PSA baixo o lema 'Non ao atraco salarial dos traballadores de Citroën' marcharon os manifestantes,nunha protesta na que un dos operarios da fábrica procedeu a ler un manifesto de rexeitamento ás medidas de axuste, que supoñen "unha redución salarial do 5 por cento, limitación nas actualizaciones das nóminas, supresión e rebaixa de complementos, e outras medidas".

Comentarios