Opinión

Electricidade, un ben público

[Xoán Costa]

O Estado español foi pioneiro na privatización de empresas públicas entregando ao sector privado, parcial ou totalmente, banca, enerxía, telefonía, ensino ou sanidade. Nesta voraxine privatizadora, levada con igual entusiasmo por PP e por PSOE, foi no ámbito das eléctricas onde ocorreron os maiores paradoxos, con casos como o de ENDESA, adquirida pola multinacional ENEL  -na que o Estado italiano ten case o 25% das accións - que controla o 67% das accións de ENDESA.
A Guerra do Leste está a forzar a intervención dos Estados no sector da enerxía, con Franza á cabeza disposta a tomar o 100% das accións de EDF.

A enerxía é un ben esencial e o eléctrico un sector estratéxico que debe estar baixo o control público. Galiza é unha grande produtora e exportadora de enerxía eléctrica e o actual sistema non ofrece compensación polos danos ambientais e sociais que esa produción leva consigo. Cómpren medidas estruturais que corrixan esa deficiencia e aposten pola creación dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa propia na Galiza. É posíbel. Só se precisa vontade.

Comentarios