Opinión

Segunda oportunidade

[Xoán Costa]

Escoito con certo desasosego as declaración emitidas por responsábeis do PSOE e do PP após a reunión celebrada, durante tres horas, entre Sánchez e Feixoo. Para uns trátase, a partir de agora, de negociar a serio, para os outros de se dar unha segunda oportunidade. A seriedade nas actuacións políticas e de goberno debe ser un principio incontestábel e unha constante sobre o que non pode haber dúbidas; equiparar esa actuación coas relacións persoais de carácter sentimental é confundir os toxos coa Botánica. En todo o caso, e do noso punto de vista, estamos perante unha maneira de se comportar, politicamente falando, frívola e impropia de quen goberna, ou pretende gobernar, no Estado.

Negociar, en política, exixe algo máis que facer a foto e pasar tres horas reunidos; debe supor actuar para concretar ou finalizar algún asunto de interese público cun acordo. Non facelo así é baleirar de contido a palabra, sementar desconfianza sobre os propios procesos de negociación e profundar no desprezo para os nosos dereitos civís, políticos e sociais.

Comentarios