Opinión

Servizo e beneficio

[Xoán Costa]

Varios medios de comunicación fanse eco dun informe segundo o cal máis do 90% dos centros de ensino concertado cobran algún tipo de taxa aos seus usuarios por conceptos diversos. E aínda se  escandalizan, hipocritamente, perante tal feito!!!. Non cuestionan eses informes a fraude que supón á lei que no seu momento estableceu os concertos como algo puntual,  na medida en que o sistema público non tiña capacidade para absorber a totalidade do alumnado a escolarizar. Non. Na realidade o que se está a facer é presentar como unha hipotética discriminación o que non é máis que unha maneira de reclamar, aínda que non directamente, que o Estado se faga tamén cargo deses complementos que, nalgúns casos, están próximos aos 1000 euros por mes. Digamos que é outra forma de compensar economicamente a quen máis ten, presentada, iso si,  como dereito á educación e á eleizón de centro. É hora de lembrar, máis unha vez, unha das proclamas habituais nas manifestación que reclaman máis investimento no ensino público: O público é servizo, o privado beneficio.

Comentarios