BNG

A deputada do BNG Montse Prado (Imaxe: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG exixe a Feixoo que non aproveite a crise para volver precarizar a sanidade pública

 A deputada nacionalista Montse Prado pediu á Xunta non empregar a crise causada pola COVID-19 para voltar a precarizar as condicións laborais do persoal sanitario e instouna a non continuar a política de recortes e privatizacións.
Reunión da Deputación Permanente (Parlamento).
Política

As letradas avalan que as deputadas poidan controlar xa con preguntas á Xunta a pesar de estar a Cámara disolta

Apoian que se tramiten iniciativas de impulso e interpelacións ao Goberno galego se así o pactan os partidos representados no Parlamento. 

Olalla Rodil na rolda de prensa desta sexta feira (BNG).
Política

BNG denuncia a "manipulación" dos medios públicos e traslada o seu apoio a Defende a Galega

Olalla Rodil sinala que a función da televisión e da radio públicas é "facilitar unha información próxima, plural, veraz e obxectiva" para toda a cidadanía. 
Néstor Rego na videoconferencia co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez
INTERNACIONAL

Néstor Rego reúnese con Pedro Sánchez e traslada as medidas do BNG para unha saída social e xusta á crise

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, reuniuse esta mañá de maneira telemática co deputado do BNG no Congreso dos Deputados para falar de medidas para facer fronte á crise. Rego defendeu a necesidade de apostar por políticas “realmente transformadoras no ámbito social, fiscal e económico” e alertou da imposibilidade de que estas sexan posíbeis nun pacto coa dereita. 
 
Ana Pontón (BNG).
Política

O BNG crea un comité de expertas para a "reactivación económica e social" da Galiza

As expertas elaborarán as liñas mestras dun plan de reactivación socioeconómico que o BNG vai propoñer á sociedade galega para superar o escenario de crise derivado da COVID-19.
Ana Pontón durante a videoconferencia con sanitarios e persoal de servizos socais (BNG).
POLÍTICA

O BNG pedirá unha comisión de investigación sobre as residencias

Ana Ponton acusa Feixoo de ter secuestrado o Parlamento.

Un operario co traxe de desinfeccion na Residencia de ancianos San Carlos de Celanova (Rosa Veiga/Europa Press).
SOCIAL

Unha traballadora de Celanova que debía reincorporarse á residencia dá positivo no 2º test, que o Sergas eliminara.

Denúnciao o BNG desta localidade, que pide que se revise o protocolo e esixe a intervención da residencia por parte de Sanidade.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (Imaxe: Nós Diario)
POLÍTICA

Ana Pontón propón axudas directas ao pequeno comercio e atrasar as rebaixas

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) defendeu unha serie de propostas para paliar parte das consecuencias económicas da crise sanitaria e as medidas decretadas polo Estado de Alarma
Ana Pontón, nunha videoconferencia a pasada semana.
POLÍTICA

O BNG propón unha “gratificación extraordinaria” para o persoal da sanidade

“Non só merecen o aplauso que reciben da cidadanía todos os días desde as fiestras e balcóns. É necesario un recoñecemento por parte da Administración”. Así se pronunciaba na mañá desta sexta feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que propuxo unha “gratificación extra” para todo o persoal sanitario.

EuropaPress_2723501_diputado_bloque_nacionalista_galego_nestor_rego_pleno_extraordinario
POLÍTICA

BNG critica a centralización da crise sanitaria e cuestiona a reanudación da actividade laboral

O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, advertiu do risco de retomar a actividade económica sen que se dean as condicións de seguridade necesarias e censurou o uso partidista da centralización da xestión da crise sanitaria por parte do Goberno galego.
2020040813500216675
POLÍTICA

BNG aposta por limitar o prezo dos produtos sanitarios básicos

O BNG demanda o estabelecemento de límites para os prezos dos produtos sanitarios básicos fronte “a especulación” e a falta de material, e aposta pola creación dunha empresa pública que garanta os subministros. Ademais, Ana Pontón anunciou que, unha vez se recupere a normalidade, pedirá unha comisión de investigación para esclarecer responsabilidades ante a situación crítica en residencias de maiores por mor da extensión do coronavirus en moitos destes centros.
Ana Pontón durante o encontro telemático con representantes do sector cultural (Imaxe: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón alerta dun “ERE invisíbel” sobre o sector cultural e formula medidas urxentes para impulsalo

“O sector cultural galego está a vivir un ERE invisíbel”, denunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ante os efectos da crise e ausencia de medidas por parte da Xunta para o sector. A nacionalista exixiu ao Goberno a posta en marcha medidas urxentes que pasarían por unha "liña de axudas" para o sector, a implicación da CRTVG e reprogramar o Xacobeo 2021 para dar peso á creación cultural do país.
BNG comunidade educativa
POLÍTICA

BNG pide dar por acabado o curso, garantir as prazas das oposicións e eliminar taxas universitarias

Ana Pontón reclama a comparecencia da conselleira de Educación e unha mesa de diálogo entre a Xunta e o a comunidade educativa.

Ana Pontón durante a videoconferencia con sanitarios e persoal de servizos socais (BNG).
POLÍTICA

Ponton insta a Xunta a actuar con “máis celeridade” nas residencias para “frear a cadea de contaxios”

Grupo BNG no Parlamento
Política

As deputadas do BNG na Galiza e Madrid renuncian a parte do seu soldo para a loita contra a COVID-19

As deputadas do BNG tanto no Parlamento da Galiza como no Congreso renunciarán a parte dos seus ingresos para os dedicar á loita contra o coronavirus. 
Reunión da Deputación Permanente (Parlamento).
Política

A oposición únese contra a "manipulación" da CRTVG e critica que non emitise a reunión da Deputación Permanente

PSdeG, Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto (En Marea) fan público o seu "firme desacordo" coa decisión da Corporación da Radio e Televisión de Galicia de "censurar" a reunión da Deputación Permanente.
Néstor Rego. (Arxina)
POLÍTICA

Néstor Rego: "A xestión da crise do coronavirus foi errática e tardía"

Néstor Rego, deputado e portavoz do BNG no Congreso, decidiu ficar en Madrid e respectar o estado de alarma e as restricións de confinamento. Aínda que o nivel de actividade política é mínimo, segue a rexistrar propostas e participar nos plenos, comisións e reunións que se convocan.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (Imaxe: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón envía por carta a Feixoo medidas para defender a pesca e o marisqueo

Ante os efectos da crise actual na pesca e no marisqueo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enviou unha carta ao presidente da Xunta con medidas urxentes para defender estes sectores, tales como decretar o "peche" do marisqueo por causa de forza maior, aprobándose ao mesmo tempo compensacións e axudas; e o estabelecemento de medidas de seguridade nos barcos que saen a faenar.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
POLÍTICA

BNG propón unha axuda de 2.000 euros a profesionais por conta propia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de insuficientes as medidas anunciadas polos Gobernos español e galego para as autónomas e autónomos, un colectivo de 210.000 persoas “que representan un piar da economía da Galiza”. Desde o Bloque propoñen unha axuda directa de 2.000 euros para profesionais por conta propia que visen afectada a súa actividade pola crise e suprimir durante tres meses a cota.
Unha sesión da Deputación Permanente (Imaxe: Europa Press)
Política

A oposición pide que compareza a conselleira de Política Social polas residencias

Rexistrarán esta cuarta feira a solicitude na Cámara galega, pero se Fabiola García comparece a petición propia adiántase os prazos e podería dar conta da situación esta mesma semana.