CIG

Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia un paciente. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A ambulancia de soporte vital na comarca do Deza non conta con persoal médico

A Federación de Saúde da Confederación Intersindical Galega (CIG-Saúde) vén de denunciar a situación sanitaria da comarca do Deza, concretamente no referente á ambulancia de soporte vital.
O 'Ártabro', buque de inspección do 'Vila de Pitanxo' (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
SOCIAL

A CIG pide unha investigación "seria" sobre o 'Pitanxo' e tacha de "bochornosa" a actuación do Estado

A CIG pregúntase se as Administracións "teñen algo que oculta"r respecto da traxedia do 'Vila de Pitanxo' e se, coa súa forma de proceder, queren "protexer alguén" ou teñen "algún favor que tapar".
Unha mutua en Compostela (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Críticas ao maior papel das mutuas no novo acordo laboral

A sinatura a nivel estatal dun Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) entre os sindicatos UXT e CCOO coa CEOE  e Cepyme, por parte da patronal, contempla un maior peso das mutuas colaboradoras da Seguridade Social. Desde a CIG denuncian unha "privatización" do sistema e a dificultade para que se recoñezan as enfermidades profesionais. Para CCOO, malia desconfiar da "conivencia" entre  mutuas e empresas, o pacto é "garantista".
Manifestación da CIG polo Primeiro de Maio en Santiago de Compostela (Foto: Arxina).
TRABALLO

A CIG chama á "loita" contra o pacto de UXT, CCOO e patronal porque vai "cara á escravización"

"É un mal acordo, lamentábel acordo polos seus contidos, que son unha suma após outra de concesións e renuncias", salienta Paulo Carril.
Crianzas nun comedor escolar (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A CIG-Ensino considera un "despropósito" a mudanza de criterio da Xunta cos comedores escolares

As xefaturas territoriais da Consellaría de Educación remitiron nestes últimos días varios correos electrónicos a todos os centros docentes con comedor escolar propio dependente deste departamento da Xunta así como a aqueles con comedores xestionados por ANPA coas mudanzas que se deben implementar.

Moito máis que un pacto de rendas

Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A CIG volve gañar as eleccións no Sergas

O sindicato obtén 68 dos 299 representantes elixidos en todo o país. Na segunda posición fica CSIF —que inclúe membros da CESM—, con 58.
De esquerda a dereita, os presidentes de  Cepyme, Gerardo Cuerva, e da CEOE, Antonio Garamendi, xunto aos secretarios xerais de CCOO, Unai Sordo, e de UXT, Pepe Álvarez. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
star
TRABALLO

UXT, CCOO e patronal asinan a "guía" para convenios colectivos até 2025

Semanas de negociación “na sombra”, cun recente e reivindicativo Primeiro de Maio, remataron onte coa sinatura a nivel estatal  dun Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) entre CCOO e UXT, por parte sindical, e a CEOE e Cepyme, por parte da patronal. O pacto recomenda unha suba salarial de 10% entre 2023 e 2025. Desde a CIG critican, entre outros apartados, que no documento queden fóra os peores anos da inflación: 2021 e 2022.
Cartaz pendurado na entrada do centro de saúde de Viveiro, na Mariña, a pasada semana. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

CIG-Saúde urxe "mellorar as condicións" na Primaria após quedar desertas 39 prazas MIR

O sindicato ve preciso "rachar coa actual dinámica de falta de profesionais" e facer atractiva a especialidade.
Unha oficina de emprego na cidade de Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
star
TRABALLO

Sindicatos critican o plan da Xunta para "vixiar" desempregadas de longa duración

A CIG e CCOO rexeitan a proposta presentada polo Goberno galego, que si contaría co apoio de UXT e da patronal
Manifestación da CIG en Vigo o 1º de maio. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A CIG critica que o acordo entre CCOO, UXT e a patronal non recupere poder adquisitivo

Para a central sindical nacionalista o preacordo anunciado nesta sexta feira supón un empobrecemento dos salarios.

Terrazas de estabelecementos hostaleiros na praza da Constitución de Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
star
TRABALLO

A afiliación á Seguridade Social medra 0,65%, lonxe do 1,17% do Estado español

A CIG, CCOO e UXT apuntan á Semana Santa como o motivo que explica os datos facilitados onte de afiliación e desemprego.

O secretario nacional da CIG Correos, John Vivanco, e o deputado do BNG no Congreso español, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

BNG e CIG defenden transformar Correos ‘nun instrumento contra a despoboación rural’

Reclaman ao Goberno estatal apostar pola entidade pública abríndoa a novos ámbitos de actuación e asegurar un servizo público de calidade.

Concentración do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG en Lugo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Xubiladas e pensionistas reclaman a derrogación das reformas das pensións para recuperar ‘dereitos perdidos’

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse na mañá desta quinta feira nas cidades da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Compostela e Ferrol para reclamar a derrogación das reformas das pensións. Denunciaron que estas reformas teñen provocado un deterioro da contía das súas pensións e que “agora, coa inflación disparada, a maioría non chegan a fin de mes”. Por isto, xubiladas e pensionistas exixiron esta quinta feira a revalorización das pensións co IPC real.

Persoal de Massimo Dutti nunha concentración en Compostela (Foto: Europa Press).
Agora

A CIG gaña de novo as eleccións sindicais en Massimo Dutti con mais de 80% dos sufraxios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) volveu gañar as eleccións sindicais nas tendas Massimo Dutti da Coruña. As candidaturas da central nacionalista lograron sete das nove delegadas que se elixían para o comité e obtiveron un apoio superior a 80% dos votos emitidos. Para a CIG este resultado é consecuencia e avala o traballo sindical realizado nos últimos anos, en especial a "loita iniciada para conseguir un incremento salarial digno".

Persoal de Maderas Iglesias nunha manifestación en Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O comité advirte que a demanda por incumprir o convenio suporá o fechamento de Maderas Iglesias

A empresa atópase no seu “mellor momento dos últimos anos”.

Manifestación da CIG en Vigo o 1º de maio. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

GALERÍA | Así decorreron as manifestacións da CIG o 1º de maio

Manifestación da CIG polo Primeiro de Maio do pasado ano en Vigo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Salarios, empregos e pensións dignas, os eixos das reivindicacións da CIG este 1 de Maio

De acordo co líder do sindicato nacionalista, Paulo Carril, “estamos en tempos de loita e sabemos da necesidade de saír á rúa para facer fronte a unha situación crítica de carestía da vida”.
Manifestación da CIG este Primeiro de Maio no Calvario, Vigo (Foto: David Rodríguez).
SOCIAL

A clase traballadora galega conmemora o Primeiro de Maio

A Confederación Intersindical Galega (CIG) leva o maior peso nas mobilizacións na Galiza con até 15, case todas ás 12 horas do propio Primeiro de Maio.
Milleiros de persoas participaron na manifestación convocada este 1 de maio en Vigo pola CIG (Foto:Nós Diario).
TRABALLO

Folla de ruta para sumarse ás reivindicacións do 1 de maio na Galiza

Sindicatos chaman a mobilizarse para esixir "unha baixada dos prezos". Os actos centrais terán lugar en Vigo.