O PP rexeita no Congreso o asilo político de Hassanna Aalia
A posición do grupo maioritario nas Cortes españolas contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza, Euskadi ou Navarra.
A posición do grupo maioritario nas Cortes españolas contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza, Euskadi ou Navarra.
As deputadas nacionalistas rexistran unha proposición non de Lei en Madrid para que o Goberno emita unha licenza que permita a outros laboratorios fabricar o remedio que agora nega a doentes polo seu alto prezo.
É unha declaración histórica, mais é tamén unha declaración algo descafeinada, o que explica o sentido "crítico" de moitos votos afirmativos. O Goberno non se ve comprometido a recoñecer a Palestina como Estado no que fica de lexislatura.
Dende imprimir comida en 3D até conseguir o éxito alén mar con webs de fútbol táctico. Emprendedores de todo o país reúnense en Carballo.
Beatriz Figueroa (afectada de cancro) e Montse Prado (BNG) reuníronse co Valedor do Pobo para lle expoñer a situación de desprotección destas persoas. “Non imos abandonar esta loita”, dixo a deputada nacionalista.
A oposición pide a Rajoy que compareza no Congreso para que explique o que cualifica de pucheirazo. Como era de prever, o PP di que non a esa comparecencia. A nova lei eleitoral “quizá” entrará na Cámara a principios de setembro, afirmou o portavoz conservador, Pedro Gómez de la Serna.
Presentan unha proposición de lei a través do Parlament de Catalunya para demandar do Estado español a transferencia das competencias precisas para a convocatoria do referendo como o "mecanismo idóneo" para coñecer "a vontade popular" a respeito do futuro do Principat.
O Congreso d@s deputad@s rexeitou a proposición non de lei defendida pola parlamentar do BNG Olaia Fernández Davila en que denunciou que as decisións a respeito da maior catástrofe ecolóxica da historia do País e do Estado español se tomaran desde Madrid sobre uns feitos que estaban a acontecer na costa galega.
A deputada Rosana Pérez preguntará a Interior polos motivos que levan a que a policía española proceda ''cada vez con máis agresividade''.
A parlamentar nacionalista Rosana Pérez defendeu que a nivel económico a RAG debía estar na liña das súas homólogas vasca e catalá, mais a maioría popular botou por terra as emendas de BNG e socialistas.
Apoiaron a moción impulsada por UPyD que di que "baixo ningún concepto" unha parte da cidadanía pode votar sobre a organización territorial do Estado.
O Congreso está fixado para este sábado, 26 de outubro. Co prazo aberto para a presentación de candidaturas até 48h antes, polo de agora a única achegada é a que encabeza o actual secretario xeral, Anxo Louzao.
“Teñen que estar núas as mulleres para entrar no Museo Metropolitano de Nova Iorque?” preguntábanse as Guerrilla Girls no seu famoso cartel de 1989. O centro AlhóndigaBilbao ten aberta até o 6 de xaneiro de 2014 unha extensa exposición que mostra o traballo do colectivo artístico americano coa practica totalidade dos seus carteis e proxectos.
A organización reafirmou a aposta por Anova e por “fomentar o seu carácter de organización de militancia individual e onde se debe reforzar a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes”. Vídeo no interior.
As tres formacións soberanistas -BNG, Amaiur e ERC- levarán a vindeira terza feira á Cámara española o debate sobre o dereito a decidir dos pobos a través dunha proposición non de lei conxunta. Unha iniciativa que chega tras o reiterado veto da mesa do Congreso a tramitar unha lei que recoñeza o dereito a decidir.
Será o sábado , 5 de outubro, en Cangas. A xornada finalizará cun acto polo 25 aniversario da fundación da Frente Popular .
Joan Baldoví, único deputado de Compromís nas Cortes españolas, será o encargado de trasladar as iniciativas de Anova en Madrid, segundo recolle La Voz de Galicia.
Substituirá no cargo a Pachi Vázquez. Encetou o seu discurso anunciando "un tempo novo" e presentouse disposto a facer do seu partido "a única alternativa real de goberno fronte á dereita de Feijóo". Dixo que este domingo era día "de acabar cos complexos e pasar páxina".
O deputado de Amaiur Jon Iñarritu denunciou que na tenda da Cámara baixa exponse un exemplar da 'Carta Magna' que ten lemas como “Una, Grande y Libre”.
A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebrará a XI edición do seu congreso en Bos Aires os días 6,7 e 8 de abril de 2015.