Covid-19

Persoal da residencia de Cervo denuncia as deficiencias laborais (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

As mortes da segunda vaga da pandemia xa superan as da primeira

A consellaría de Sanidade informou de catro pasamentos o sábado e 10 a sexta feira. Dos 1.250 falecementos relacionados co coronavirus desde marzo 524 corresponden a usuarias e usuarios das residencias de anciáns.
Usuarias dos hospitais galegos defenden que a Covid-19 segue a obstaculizar a asistencia sanitaria (Carlos Castro / Europa Pres).
SOCIAL

A cifra de hospitalizacións pola Covid baixa das 400

Entre a quinta feira e onte rexistrouse unha repunta dos novos contaxios pola Covid-19.
Alumeado de Nadal en Compostela no ano 2018. (Foto: Concello de Compostela)
Expertas chaman á prudencia nos encontros e a seguir as pautas de seguridade

Nadal enmascarado para coidar os seres queridos

Ventilar os cuartos, reducir ao máximo o número de asistentes ou empregar máscaras axeitadas. Son algunhas das medidas ás que apuntan as persoas expertas consultadas por Nós Diario de cara ao Nadal. Todas lembran á poboación os riscos que comportan as reunións de persoas non conviventes. Temen que a relaxación das restricións teña chegado demasiado cedo e piden vivir "non con medo, pero si con prudencia" pois o virus segue aí.
Un sanitario con protección fronte á Covid-19. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: O Asilo de Vilalba rexistrou catro mortes que non se sumaron por un erro informático

A residencia da Terra Chá sufriu un gran gromo, do que non se tiñan coñecido grandes números de vítimas mortais. A Consellaría de Sanidade vén de aclarar que os pasamentos tiveron lugar entre a segunda quincena de novembro e o que vai deste mes. Ademais, hoxe faleceron seis persoas máis.
EuropaPress_3431368_03_november_2020_north_rhine-westphalia_duesseldorf_face_mask_lies_on_the
INTERNACIONAL

Alemaña, vítima do "paradoxo da prevención" na loita contra a Covid

O país, que superou con éxito a primeira vaga, está a sufrir unha emerxencia nesta segunda, batendo rexistros de contaxios e de falecementos nos últimos días.
O conselleiro de Sanidade nunha visita ao centro de saúde de Bouzas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade advirte que adaptará as medidas para o Nadal á evolución epidemiolóxica

O conselleiro do ramo, Julio García Comesaña, demanda "precaución" e "responsabilidade" ás e aos galegos para evitar unha terceira onda da pandemia despois da ponte ou das festas.
Os feitos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Foto: EP).
TRABALLO

O persoal de limpeza do Cunqueiro irá á folga polas deficiencias do servizo

O comité de empresa da concesionaria do servizo de limpeza e residuos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Acciona, convocou unha folga indefinida a partir do próximo 14 de decembro para pedir un incremento de persoal ante as necesidades derivadas da pandemia.

Mercedes 'Chis' Oliveira, desde o hospital e na actualidade.
SOCIAL

'Chis' Oliveira, oito meses despois de pasar pola UCI: "Todas as mañás sufro mareos e teño néboa mental"

Oito meses despois de pasar pola UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Mercedes ‘Chis’ Oliveira, catedrática de Filosofía xubilada, padece Covid-19 persistente, mais leve. A súa terapia: camiñar a diario. Malia os mareos que sofre cada mañá e a "néboa mental", a próxima semana participa nunha palestra sobre pornografía e mocidade e no verán impartiu un curso dentro dun mestrado, "quero estar intelectualmente activa".

A outra pandemia

Controis de entrada e saída das cidades polos confinamentos (Arxina)
Desde as 00 horas do sábado

Sanidade alivia as restricións en Burela, Fene, Lalín, Neda, Oleiros e Oroso e enduréceas a Boiro

O subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da Covid-19 na Galiza, vén de acordar o alivio das restricións nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, onde desde esta medianoite rexerán as medidas restritivas básicas; ademais de incorporar a localidade de Boiro á listaxe de concellos con restricións máximas.

Punto COVID habilitado na Coruña para realizar probas PCR
SOCIAL

209 novos casos da Covid-19 mentres descenden as hospitalizacións e as PCR realizadas

O número de persoas coa Covid-19 ingresadas en hospitais de Galiza volveu baixar e fica en 409, cinco menos que hai 24 horas e 88 menos que hai unha semana. Os ingresados ​​na UCI tamén manteñen a súa tendencia á baixa. Son 62, tres menos que o día anterior e 31 menos que hai sete días, o que supón unha caída dun terzo.

mapa
SOCIAL

Mapa internactivo: consulta aquí os casos de coronavirus concello a concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 3 de decembro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos. 

Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Covid: Galiza leva 1.236 vítimas desde que comezou a pandemia

As autoridades sanitarias veñen de informar de oito falecementos ao longo da xornada. Onte finaron outras sete persoas. Un terzo destas 15 persoas procedían de residencias de maiores de todo o país.
Caravana de coches en Pontevedra (Hoempo)
ECONOMÍA

A hostalaría protesta na Coruña e en Pontevedra contra as medidas da Xunta

Concentracións na Coruña e unha caravana de vehículos foron as maneiras de mobilizarse dun sector que está disconforme e teme que as decisións que se están a tomar afecten o seu futuro inmediato. 
A Cátedra Cruz Vermella da USC analiza a satisfacción percibida pola poboación maior da súa calidade de vida.
SOCIAL

A resiliencia dos maiores fronte a Covid-19

Un estudo confirma o descontento dos maiores coas medidas anti coronavirus.
Alumeado de Nadal en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Feixoo ve "excesivas" as ceas de dez persoas en Nadal e propón un plan "máis estrito"

O presidente da Xunta considera que a decisión que se tomou onte no Consello Interterritorial da Saúde é “de alto risco” e quere que en Galiza haxa un maior control.

Un traballador sanitario dunha ambulancia protexido contra a Covid-19. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Aumentan os positivos diarios na Galiza até os 350 con Vigo como principal foco

A área de Ourense dobra os casos detectados en 24 horas cunha taxa de positividade do 19,2%

mapa
SOCIAL

Que novidades hai nos casos de Covid concello a concello? Podes consultalas aquí

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 3 de decembro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos. 

Hostalaría en Compostela, Europa Press
SOCIAL

A hostalaría retoma a actividade, mais con limitacións

Galiza comeza a recuperar a súa actividade, suspendida hai un mes nas sete cidades e en medio cento de concellos máis ante o brusco aumento de casos de Covid-19. Farao seguindo o plan dado a coñecer hoxe pola Xunta, que prevé unha reapertura escalada e parcial da hostalaría en función da situación de cada concello e a recuperación dos contactos sociais entre persoas non conviventes, limitados, polo momento, a un máximo de seis ou catro persoas
O ministro Salvador Illa após a reunión desta tarde. (Foto: R. Rubio / Europa Press)
SOCIAL

As reunións de Nadal quedan limitadas a 10 persoas

A reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde finalizou con este acordo. O toque de queda para Noiteboa e Noitevella será ás 1.30 horas. Quedará prohibido cambiar de comunidade agás para visitar á familia.