Covid-19

EuropaPress_3344860_investigadora_laboratorio_desarrolla_vacuna_rusa_contra_coronavirus_spuntik
SOCIAL

Investigadores da USC inician catro proxectos para facer fronte á pandemia

Entre as iniciativas atópanse o desenvolvemento de probas de detección temperás da enfermidade ou unha vacina.
EuropaPress_3449148_25_november_2020_scotland_denny_woman_wearing_face_mask_passes_by_christmas
INTERNACIONAL

Evitar que a Covid 'faga o agosto' no Nadal

A Covid-19 representa todo o contrario ao espírito do Nadal. Se son estas unhas datas especialmente propicias para as xuntanzas, é precisamente no achegamento social –físico– que o virus máis progresa. Alí onde debe haber alegría, ameaza a tristeza. Unha nova disxuntiva en Europa á hora de modular as medidas restritivas.
Teatro Principal de Ourense.
CULTURA

Campaña para preservar a programación escénica nos concellos

Escena Galega e a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) avogan polo mantemento da actividade cultural na Galiza malia a Covid-19.
Uns homes pasean por Vilalba o día que comezaron as restricións. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: A cifra de doentes nas residencias queda en 660 debido ao surto de Vila do Conde

No centro de Gondomar hai 105 enfermas, entre usuarias e traballadoras. Nas infraestruturas de atención á discapacidade hai 40 casos activos segundo informan as autoridades sanitarias. Para ter un maior control anunciouse que haberá cribados semanais.
EuropaPress_3424832_cola_cribado_coronavirus_realizado_santiago_24_octubre_2020
SOCIAL

Un de cada catro contaxios detectados é na área sanitaria de Vigo

Descenden os casos detectados nun día a 415, máis de 25% deles na área viguesa.

mapa concellos covid
SOCIAL

Mapa concello a concello: Novos casos diagnosticados e nivel de incidencia municipal

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados no teu concello así como o nivel de incidencia. Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos. 

E hoxe, tamén

Pandemia, saúde e economía

Un traballador sanitario xunto a unha ambulancia. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O surto na residencia de Vila do Conde supera o centenar de infectadas

A Consellaría de Sanidade só notifou hoxe tres pasamentos polo coronavirus. É a cifra máis baixa desde fai practicamente un mes.
Sánchez, que tivo unha reunión de traballo en Baleares, afirmou que haberá acordo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O plan para as celebracións do Nadal, aínda está no ar

O Ministerio de Sanidade e varias comunidades autónomas presentaron hoxe plans para as celebracións do Nadal na pandemia. Porén, a reunión interterritorial acabou sen documento final, producíndose ademais diferenzas sobre o número de non conviventes que se poderán xuntar. 
Os baremos de reparto non atenden o avellentamento poboacional. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Os criterios de reparto do fondo Covid deixan Galiza en sétimo lugar

Galiza recibe 150 millóns no tramo sanitario. Na actualidade política do país tamén houbo leas políticas polo uso do galego no ensino. A Consellaría de Educación desenténdeuse do nivel de uso da lingua propia.
Un grupo de crianzas nunha aula de educación infantil. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Educación estudará os avisos da Inspección pero defende a súa xestión do coronavirus no ensino

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, comprometeuse a investigar os avisos por deficiencias nos centros. A CIG-Ensino fixo pública a existencia destas advertencias de Inspección de Traballo.

EuropaPress_3448708_fotos_xunta_sergas_rolda_prensa
SOCIAL

Covid: Sanidade proporá que as crianzas computen diferente para o tope máximo nas reunións de Nadal

Despois de que se coñecera que o Goberno do Estado ten un borrador para regular as festas de Nadal e evitar un incremento dos contaxios por coronavirus, a Consellaría de Sanidade puntualizou que ten a súa propia proposta, que levará ao consello interterritorial que analiza a evolución da pandemia.

axencias viaxes arxina protestas-min
ECONOMÍA

As axencias de viaxes reclaman ante o Parlamento un plan de rescate específico

O sector conta cuns 1.500 empregos directos na Galiza e demanda axudas directas ante a falta de ingresos

EuropaPress_3223489_pruebas_covid-19_coche_inmediaciones_burela_lugo_galicia_espana_julio_2020
SOCIAL

Sobe o número de contaxiados, de casos activos e o índice de positividade

521 novos infectados en 24 horas, os casos activos en Galicia aumentan a 8.638 e o índice de positividade en PCR ascende até o 8,1 %.
mapa concellos covid
SOCIAL

Novos casos diagnosticados e nivel de incidencia municipal: concello por concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados no teu concello así como o nivel de incidencia. Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos. 
Os municipios costeiros teñen maior incidencia (Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

Covid: O comité clínico rebaixa as restricións en oito concellos

A reunión de seguimento da evolución da pandemia na Galiza finaliza coa decisión de restar limitacións especiais a varios municipios. Pola contra, hai outros que entran no nivel 3 de control ou que estarán máis vixiados.
EuropaPress_3421441_trabajador_sanitario_totalmente_protegido_acude_ambulancia_residencia
SOCIAL

O coronavirus suma 9 vítimas máis no país e xa son 1.170

A cifra baixou con respecto aos últimos días, mais os pasamentos con vínculos nas residencias continúan acumulándose. Hoxe tamén faleceron sete persoas que non tiñan relación con estas infraestruturas.
EuropaPress_3446636_23_november_2020_england_london_l-r_british_prime_minister_boris_johson_on
INTERNACIONAL

O Reino Unido terá restricións máis duras coa fin do semi confinamento

O primeiro ministro Boris Johnson pediu á poboación que "resista contra o virus até que os tests e as vacinas veñan ao noso rescate".
O feche da hostalaría e a prohibición de xuntarse con non conviventes afecta a 60 concellos e perto de 60% da poboación galega. Arxina
ECONOMÍA

O pleno do Parlamento aproba instar ao Estado a ampliar axudas aos autónomos

A moción, presentada polo BNG, inclúe varias medidas. Entre elas, aprazar os pagos do IRPF e do IVE do cuarto trimestre de 2020 ou un IVE de 4% para a hostalaría e o turismo.